obradoiro san valentinValentines workshop. No obradoiro do venres fixemos Trufas de Oreo e presentámolas nunhas preciosas caixiñas con  forma de fresa. Foi moi divertido e unha dulce actividade. Xa temos o noso agasallo de San Valentín preparado.  Esta é a receta: Para elaborar a pasta necesitamos galletas oreo e crema de queixo, misturamos todo nun bol e facemos unha pasta, unha vez obtido unha mistura homoxénea poñémola un anaco na nevera, unha vez fria  facemos pequenas boliñas e cubrimolas con cobertura de chocolate , coco ou “hundreds and thousands”. Facíl non?